A quinta edición das Carreiras de Cabalos Cidade de Viveiro celébrase os días 14 e 15 de setembro

Esta fin de semana, sábado 14 e domingo 15 de setembro, celebrarase a quinta edición das Carreiras de Cabalos Cidade de Viveiro, no campo de fútbol de Celeiro.

O Concello de Viveiro anuncia que “o recinto abrirá ambas xornadas a partir das 9:00 do sábado 14 de setembro e do domingo 15 de setembro, contando con diversas actividades ao longo de todo o día”.

O evento está organizado pola Asociación Cabaleiros do Landro, a Federación Hípica Gallega e Rilo, ademais de polo Concello de Viveiro. Haberá miles de euros en premios.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que "con esta 5ª edición as Carreiras de Cabalos consolídanse como un evento deportivo clave en Viveiro, co que temos a gran honra de colaborar".