Fórnea celebrará as festas na honra da Nosa Señora do Campo e Santo Estevo, que terán lugar os días 13 e 14 de setembro.
Os festexos comezarán o venres, 13 de setembro, cunha cea popular servida polo catering Sarredo a partir das 22:00 horas. O menú incluirá paella mixta, codillo, postre, viño, auga e café, cun prezo de 25 euros para adultos e 12 euros para nenos. Os tíckets estarán á venda ata o 11 de setembro e pódense adquirir nos seguintes puntos: Bar A Curva en San Xusto, Mesón Camiño Norte en Trabada, ou contactando con Felipe (670 05 13 46), Iván (610 79 39 20) ou Celso (648 652 880). Ás 23:00 horas dará comezo a verbena, que estará amenizada pola Orquestra La Ola ADN e o Dúo Belinda, garantindo unha noite de música e baile para todos.
O sábado, 14 de setembro, ás 13:00 horas, haberá misa solemne seguida da tradicional procesión, para logo continuar coa sesión vermú, amenizada polo Grupo Lume. A xornada rematará cunha gran verbena nocturna que comezará ás 23:00 horas, coas actuacións do Grupo Lume e a Disco Móbil The Sound Project, que prometen poñer o broche de ouro a estas festas.