A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro sortea catro packs de material escolar na súa campaña da Volta ó Cole

Desde o CCH de Viveiro explican que “nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para estas datas nas que as familias están a preparar a volta ó cole dos rapaces, e sortearemos 4 packs de material escolar”.

E indican que “o xeito de participar é moi sinxelo, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña, e subir os tickets de compra de calquera dos negocios asociados do 28 de agosto ó 9 de setembro de 2024 (ambos incluídos). Non hai importe mínimo para poder participar e o sorteo será o 10 de setembro de 2024 ás 16:00 horas a través da propia APP”.

Desde  o CCH de Viveiro engaden que “gravarase o sistema de sorteo para difundilo posteriormente en RRSS e tamén avisaremos directamente ós gañadores para que poidan recoller os premios. Con esta iniciativa intentamos dinamizar esta data comercial importante para o comercio local, poñendo en marcha sorteos e premios para agradecer a fidelidade dos clientes, e acadar que Viveiro continúe a ser, unha vez máis, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia dentro dos programas de dinamización de centros comerciais abertos. Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro”.

As bases da campaña e tódala información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.