O Concello de Alfoz, a través da Área de Xuventude, anuncia a celebración dunha nova edición de Noites de Campamento dirixida á mocidade nada entre os anos 2006 e 2011, sempre que non teñan cumpridos os 18 anos. Esta actividade desenvolverase os días 27, 28 e 29 de agosto e “ofrece unha excelente oportunidade para que as mozas e mozos do concello desfruten dunha experiencia inesquecible. Durante estes días, as persoas participantes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades, incluíndo xogos, piscina, momentos de convivencia e moitas outras sorpresas que farán destas xornadas unha experiencia lúdica e educativa”.
O prazo de inscrición para participar nesta iniciativa estará aberto do 13 ao 20 de agosto. As solicitudes poderán presentarse nas oficinas de rexistro do Concello de Alfoz ou a través da sede electrónica.
“É importante destacar que a actividade é totalmente de balde, o que facilita o acceso a todas as familias interesadas”, remata o Concello de Alfoz.