O Valadouro acolle unha lectura dramatizada de “Danza da mentira”, de Xesús Pisón, este sábado, 10 de agosto

Ferreira do Valadouro acollerá unha lectura dramatizada de “Danza da mentira”, de Xesús Pisón, a cargo de Manuel Lourenzo e Inma Orol. Tamén haberá un coloquio e da presentación encargarase Lionel Rexes. Será este sábado, día 10 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa do Concello do Valadouro, 1º andar.

Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.