A parroquia de San Adriano, en Lourenzá, celebrará as súas tradicionais festas na honra a Santa Filomena o 6, 7 e 8 de setembro. Durante 3 días, veciños e visitantes poderán gozar dunha programación variada que inclúe gastronomía, música e celebracións relixiosas.
O venres, 6 de setembro, a partir das 21:30 horas, gran pulpada e churrascada. Tamén haberá verbena a cargo das orquestras Trébol e Magos.
O sábado, 7 de setembro, ás 13:30 horas, misa solemne e sesión vermú coa orquestra Costa Dorada. Xa pola noite, estelar verbena coas actuación das orquestras Costa Dorada e Saudade.
O domingo, 8 de setembro, ás 13:30 horas, misa solemne que estará seguida pola sesión vermú, amenizada polo grupo de baile da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, e, de seguido, a orquestra Principal. Para rematar, gran verbena co Dúo Epo-K e, unha vez máis, a orquestra Principal.
Todos os eventos serán nun campo cuberto por unha gran carpa, garantindo así a celebración independentemente das condición meteorolóxicas.