A programación infantil de verán do Concello de Mondoñedo inclúe actividades do 19 de xullo ao 16 de agosto

A programación infantil de verán do Concello de Mondoñedo inclúe diversas actividades que empezan o 19 de xullo e rematan o 16 de agosto.

Este venres, día 19, ás 20:30 horas na Praza do Concello haberá o espectáculo de contacontos “Planeta LGTBIQ”, ofrecido por Caxoto.

Para o 26 de xullo, tamén venres, ás 20:00 horas na Praza do Concello está programado un espectáculo de maxia con Dani Polo.

O 2 de agosto ás 20:30 horas na Praza da Catedral Caxoto ofrecerá “Conto para escoitar mentres bailamos un vals”.

O xoves 8 de agosto ás 20 horas na Praza da Catedral terá lugar o espectáculo titulado “Os Bolechas volven a Mondo”.

E o 16 de agosto, venres, ás 20:30 horas na Praza da Catedral haberá xogos, con Puzzle Animación.

Esta programación conta co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.