
A Irmandade Santo Estevo, Mariña Patrimonio e a Fundación Eira da Xoana (ADEGA), organizan para este venres, 19 de xullo, unha charla encontro sobre a fraga de Santo Estevo do Ermo e os seus restos arqueolóxicos. Será ás 20:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural de Barreiros.
Este encontro ten como finalidade informar sobre o proceso de adquisicón da parcela onde se atopan os restos arqueolóxicos así como debater e intercambiar ideas sobre a ampliación da fraga de Santo Estevo do Ermo e a revalorización deste xacemento medieval.