O Concello de Cervo pon en marcha o programa Enredando no Verán, que ofrecerá diversas actividades para os máis pequenos da casa durante os próximos meses. No mesmo destacan as actividades de teatro e ioga, que terán lugar no pavillón da Veiga.
Os mércores, a actividade de teatro estará dirixida a nenos e nenas de diferentes idades:
•Ás 10:30 horas para crianzas de 6 a 9 anos.
•Ás 11:30 horas para crianzas de 10 a 12 anos.
A actividade dará comezo o 17 de xullo e as inscricións poderán realizarse ata o luns 15 de xullo.
O ioga estará dispoñible en dous días diferentes segundo a idade da rapazada:
•Os martes, ás 12:00 horas, para crianzas de 6 a 9 anos.
•Os xoves, ás 12:00 horas, para crianzas de 10 a 12 anos.
A actividade dará comezo o 9 de xullo e as inscricións poderán realizarse ata o luns 8 de xullo.
As inscricións das dúas actividades levaranse a cabo a través do correo electrónico casadacultura@concellodecervo.com ou na propia Casa da Cultura.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa Casa da Cultura. Con estas actividades o Concello de Cervo busca ofrecer un verán divertido e educativo para os pequenos e pequenas do municipio.