Mor, en Alfoz, celebra as festas de San Pedro os días 29 e 30 de xuño

A parroquia de Mor, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra de San Pedro os días 29 e 30 de xuño, sábado e domingo.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 con misa solemne seguida de procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo do grupo Kalima 3.0, que tamén actuará na verbena, xunto co dúo Belinda.

E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá sesión vermú co dúo Belinda.

Estas festas están organizadas pola asociación veciñal de Mor coa colaboración do Concello de Alfoz.