Este verán volve Barreiros, queda en ti, o programa de visitas guiadas que organiza o Concello en xullo e agosto

O que se pretende é a través de percorridos, temáticas e localizacións diferentes tanto interior como de costa, amosar a súa riqueza cultural, ambiental, xeolóxica,etc…
Contaremos coas seguintes propostas, unha delas nova con respecto ás anteriores edicións, todas elas para realizar nos meses de xullo e agosto.

-De Flor en Flor. A vida dunha colmea. A través deste percorrido ponse en valor a importancia das abellas, xa non só coma produtoras do noso mel, se non tamén o valor queteñen para o noso ecosistema. A xerarquización interna que teñen na súa colmea e a identificación dos mesmos.

-O Fráxil fogar da Pillara das Dunas.Un percorrido para amosar o fráxil fogar deste paxariño e como todos podemos botar unha man para que poida seguir entre nós. Tamén faremos especial fincapé na importancia do coidado do medio-ambiente.

-O día a día dun gandeiro. Visita granxa Mantoño Holstein. Poñer en valor o sector primario tan importante nas nosas vidas. Coa colaboración da Granxa Mantoño Hosltein, descubriremos a labor diaria dos nosos gandeiros/as .

-Rutas xeolóxicas Litoral de Barreiros. Un percorrido polo litoral de Barreiros no que as nosas praias e cantís falaran da súa orixe, faremos un percorrido polo planeta, e entenderemos as formacións tan curiosas que non deixarán indiferente a ninguén.

Todas as rutas son gratuítas. É necesario inscribirse na páxina web de turismo municipal www.barreirosturismo.gal (sección ”Actualidade e Axenda”). Para resolver dúbidas poden contactar coa Oficina de Turismo municipal, teléfono 982 134 400.