O Vicedo celebra as súas festas do Carme do 15 ao 17 de xuño

O Vicedo celebrará as súas festas na honra a Nosa Señora do Carme desde este sábado, día 15, ata o luns 17 de xuño.

As actividades empezarán o sábado ás doce do mediodía con misa solemne na igrexa parroquial e a continuación procesión coa imaxe da Virxe do Carme ata o campo da festa, acompañada pola Banda Naval de Viveiro. A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú amenizada pola orquestra Miramar, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Venus, desde as 22:00 horas.

O domingo ás doce do mediodía celebrarase misa solemne no campo da festa e a continuación procesión marítima con ofrenda floral polos náufragos e mariñeiros defuntos. Ás 14:00 horas comezará a sesión vermú a cargo do dúo D´Vicio, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Los Player´s, a partir das 21:30 horas.

E o luns 17 ás 20:00 horas farase o traslado da imaxe da Virxe ata a igrexa parroquial, onde haberá un funeral por mariñeiros, mariscadoras e defuntos da parroquia.