Este mércores, 22 de maio, desenvolverase unha nova actividade enmarcada no programa denominado “Coida Cervo, Cervo ao carón do voluntariado”. Será na Casa do Mar, en San Ciprián, de 17:30 a 19:30 horas e consistirá nunha actividade de manualidades con material de refugallo: plástico, vidro e cartón.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Oficina de Voluntariado, na Casa da Cultura de San Ciprián.