As festas patronais de Burela, na honra da Virxe do Carme e San Xoán Bautista, celebraranse do 24 de maio ao 4 de xuño.
As actividades empezarán este venres, 24 de maio, ás 21:00 horas con misa e procesión na honra da Virxe do Carme desde a igrexa de Vila do Medio ata a parroquial.
O sábado 25 ás 20:00 horas terá lugar o pregón, a cargo de Manuel Maseda Deán, no auditorio da Casa da Cultura.
O domingo 26 a partir das 17:00 horas haberá festa infantil e xuvenil con inchables na Praza da Mariña.
O luns 27 será do Día do Deporte, con actividades de patinaxe, ximnasia rítmica, xincana fútbol campo e baloncesto, entre outras.
O martes 28 ás 19:00 horas actuará a agrupación musical Arume no parque Rosaía de Castro.
O mércores 29 ás 20:30 horas haberá karaoke infantil e xuvenil no auditorio da Casa da Cultura, onde terá lugar un karaoke senior o xoves 30 ás 21:00 horas.
As verbenas empezarán o venres 31 ás 23:00 horas, coas orquestras Olympus e Claxxon.
O 1 de xuño, sábado, é o día da baixada ao porto, procesión que pasa sobre as tradicionais alfombras florais. Tamén haberá pasacalles a cargo da agrupación musical Fol do Raxal, sesión vermú coa orquestra Neón, concerto da Banda de Cornetas e Tambores Santo Inocencio, misa cantada pola Coral Polifónica de Burela e verbena amenizada polas orquestras New York e Neón e ás 00:00 horas, espectáculo pirotécnico.
O domingo 2 de xuño empezarán as actividades da xornada ás 11:00 con pasacalles a cargo da Banda de Cornetas e Tambores Santo Inocencio; ás 12:00 celebrarase misa de campaña cantada polo Coro de Cervo na Nave de Redeiras e despois haberá a procesión marítima, na que a Virxe do Carme será portada polo pesqueiro Tobalina. Despois será a sesión vermú, coa orquestra Principal, que tamén actuará na verbena con El Combo Dominicano.
O luns 3 ás 12:00 do mediodía celebrarase a procesión de subida das imaxes ata a igrexa parroquial de Santa María, acompañada polo grupo de música tradicional de Ledicia; ás 14:00 horas, sesión vermú coa orquestra Arizona e verbena amenizada por París de Noia e Panorama.
E rematarán os actos o martes 4 ás 12:00 horas no porto coa ofrenda floral no porto en homenaxe ás persoas falecidas no mar.