Burela acolle, no auditorio municipal, o espectáculo Hija de la Luna en homenaxe á mítica banda de música pop española Mecano.
O evento terá lugar este sábado, día 13 de abril, ás 21:00. As entradas para o mesmo poden ser adquiridas de xeito anticipado no seguinte enderezo web: https://www.entradasatualcance.com/tickets-hija-de-la-luna-homenaje-a-me...
As entradas anticipadas teñen un prezo que oscila entre os 35€ na platea, os 30€ nos anfiteatros principais e os 25€ nos anfiteatros altos. A estas cantidades sumaránselle os gastos de xestión.
O tributo a Mecano Hija de la Luna nace en 2016 en Sevilla, liderado pola vocalista Robin Torres, para replicar con total fidelidade os concertos dos madrileños case 3 décadas despois da súa última xira.