
Cervo celebrará a XXXVIII edición do Día do Xubilado o 1 de maio.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, informou a través dun bando de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste encontro e a veciñanza ten ata o 26 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Ciprián.
Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Ciprián, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 12 ao parchís).