Vilaseca é un lugar da parroquia de Santa Marta de Meilán, no concello de Riotorto, que celebra as súas festas na honra a San Xosé e a Nosa Señora os días 16, 17 e 23 de marzo, nun campo cuberto con carpa.
O sábado 16 ás 13:30 horas haberá misa solemne e procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará pola noite na verbena, xunto a Tania y su acordeón.
O domingo 17 ás 13:45 horas celebrarase misa solemne e procesión. E despois haberá sesión vermú prolongada, co dúo Eclipse.
E o sábado 23 ás 13:30 horas será a misa solemne e procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada por Verónica Cambón. Seguidamente celebrarase un xantar popular e pola tarde noite haberá verbena, con Verónica Cambón e o dúo Belinda.