Este venres, 2 de febreiro, comeza a ruta semanal de petiscos en Cervo e Sargadelos

Este venres, 2 de febreiro, comezará a ruta semanal de petiscos nas localidades de Cervo e Sargadelos, iniciativa que se desenvolverá en catro establecementos hostaleiros: O Caseto de Copa, Pousada O Almacén, A Taberna de Sargadelos e Café Bar Cultural A Sacabeira. 

Haberá o sorteo mensual dunha cea en cada local participante.
 
Os organizadores anuncian: “prometemos sorprendervos e facervos desfrutar cunha degustación de petiscos elaborados, polo módico prezo de 2, 50 euros unidade. Tamén haberá sorpresas e sorteos para as persoas participantes. Así que xa sabedes, animádevos a vivir esta experiencia e comezar a fin se semana do mellor xeito posible: cun percorrido gastronómico nunha contorna única e máxica”.

Nesta iniciativa colabora o Concello de Cervo.