No local dos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante (Barreiros) celebrarase a III Festa do Caldo, organizada pola Comisión de Festas San Rosendo, o sábado 27 de xaneiro a partir das 21:00 horas.
O menú consistirá en caldo e compago, auga e viño, postre e café. O aforo é limitado e os tickets para participar están a venda en locais de San Miguel de Reinante ata o 23 de xaneiro.
A organización anuncia: “este ano temos novidades, a sobremesa e o café pasan a estar incluídos no prezo do menú, que será de 20 euros para os adultos e de 10 euros para as pícaras e pícaros ata os 12 anos incluídos. Coma sempre, tedes as entradas á venda nos establecementos de San Miguel que colaboran connosco habitualmente. Esta edición estará amenizada polo Dúo Estrellas; animádevos que de seguro que habemos de pasar unha noite fantástica. E bulide! Que ao final sempre queda xente sen entrada, e xa sabedes que os Colexios Vellos teñen o sitio que teñen e máis non o podemos estirar”.