Este xoves, 4 de xaneiro, celebrarase en Xove o día da infancia con inchables na piscina municipal e no pavillón de deportes

O Concello de Xove vai celebrar mañá, 4 de xaneiro, o día da infancia con inchables durante todo o día na piscina municipal e no pavillón de deportes.
 
INCHABLES NA PISCINA MUNICIPAL. Haberá un número máximo de 30 persoas por quenda, e poderase entrar ata 20 minutos despois de comezado o turno,  sempre que haxa sitio.

MAÑÁN: (Nen@s e rapaces-zas).
De 10:30 h: de 5 a 8 anos.
De 11:30 h: de 9 a 11 anos.
De 12:30 h: de 12 a 15 anos
TARDE: (Nen@s e rapaces-zas).
De 16:30h. a 17:30h: de 12 a 15 anos.
De 17:30h. a 18:30h: de 9 a 11 anos.
De 18:30h. a 19:30h: de 5 a 8 anos
 
INCHABLES NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES. Aquí non hai límites de persoas.
As actividades van comezar ás 15:30 horas.  De 15:30 a 16:00 h. van poder entrar nenos e nenas con necesidades especiais.
A partir das 16:00 h  e ata as  20:00 horas ininterrompidas, a entrada vai ser xeral e aberta para todos.
 
A entrada aos inchables da Piscina e do Pavillón é  totalmente gratuíta.