A localidade ribadense de Vilela celebrará a segunda edición das súas Xornadas Gastronómicas do Cocido Galego o sábado 3 de febreiro.
As actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada coa música de Nuevo Ritmo. A continuación terá lugar a comida dun cocido completo con porco celta -o menú incluirá sopa, grelos, cabeza, chourizo, garavanzos, costela, lacón, botelo, pan, viño o refresco, café, chupito e tarta de Santiago- e despois actuarán Dúo Chip e Nuevo Ritmo. Haberá carpa climatizada.
A venda de tiquets para participar rematará o 27 de xaneiro, pero as prazas están limitadas a 300 persoas.