Activas entre os anos 1896 e 1966, as Minas da Silvarosa representaron un dos xacementos máis importantes de ferro de Galicia, con boa parte da súa produción destinada á exportación.
Neste roteiro ao patrimonio mineiro de Viveiro visitaranse distintas instalacións das antigas minas, na contorna dunha fermosa paisaxe natural, coas explicacións correspondentes do xeólogo Eduardo González Clavijo.
As áreas de Medio Rural e Turismo do Concello de Viveiro colaboran na organización desta actividade, co obxectivo de seguir contribuíndo a preservar o patrimonio e a memoria do municipio, á vez que os seus espazos naturais.
A actividade comezará ás 10:00 da mañá do sábado 7 de outubro e a inscrición na mesma é gratuíta. As prazas son limitadas, polo que será necesario contactar previamente coa organización, no número 667 647 043.