O 21 de xullo haberá sesión de Cine na Rúa en Trabada. Será coa proxección de "Encanto".

O vindeiro venres, 21 de xullo, terá lugar en Trabada unha sesión do Cine na Rúa. Nesta ocasión coa recente película de Disney “Encanto”. A proxección do filme será ás 22.30 horas na praza do concello.

A película é unha fantasía musical para toda a familia. Conta unha historia especial sobre a importancia da familia e os talentos de cada persoa. Para máis información, existe a web www.cinenarua.com. O Concello agarda por todos e todas para desfrutar desta xornada cultural.