A Romaxe Vikinga do Vicedo volverá conquistar a praia de Area Grande os días 28 e 29 de xullo.

O evento contará co apoio da Deputación Provincial de Lugo.

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este luns na Casa da Cultura do Vicedo na presentación dunha nova edición da Romaxe Viquinga, que se celebrará os días 28 e 29 de xullo na praia de Area Grande, en San Román,co apoio da Deputación de Lugo.

Unha cita de recreación histórica que chega á súa sexta edición, e da que o Deputado destacou que  é unha “festa emblemática no calendario estival da comarca da Mariña e de toda a provincia de Lugo, que inclúe numerosas actividades e que atrae a milleiros de persoas a este concello, polo que, entre outros beneficios, ten un impacto moi positivo para a economía local”.