O 6 de maio celébrase en Burela unha cea de cóctel para recadar fondos para a alfombra floral das festas patronais.
O evento terá lugar no hotel Nordés a partir das dez da noite. A velada estará amenizada por Dj Chente.
O prezo é de 30 euros, 25 destinados á cea e 5 euros coma donativo para a ofrenda floral.
Os tíckets están á venda no hotel Nordés ata o 3 de maio.