A Deputación de Lugo abriu o prazo para inscribirse na terceira edición do programa Actívate que chegará á Pontenova, Viveiro, Foz e Burela.

A Deputación de Lugo abriu o prazo para inscribirsenas actividades gratuítas do programa Actívate, unhainciativa que a institución provincial desenvolve por terceiro ano consecutivo para promover o turismo activo, deportivo e de aventura nos concellos da provincia. 
 
As persoas interesadas en participar xa poden anotarse desde hoxemesmonas tres primeiras actividades que arrancarán esta fin de semana. Poderánfacelocubrindo o formulario de inscrición que estará dispoñible na páxina webinscricions.deputacionlugo.orgou na de turismo.deputacionlugo.gal
 
A programación arrancará este 15 de abril nos concellos de Guitirize Chantada, cunha ruta BTT e kaiak polo río, respectivamente. O domingo 16 de abril, os participantes poderán elixir entre paddle surf oukaiak para realizar unha ruta polo río Sil, en Monforte de Lemos.
 
As inscricións para as próximas actividades abriranse progresivamente todos os venres, ás 8 da mañá, cunha semana de antelación ao día de celebración de cada proposta. 
O Actívate chegaránestaterceira edición a 18 concellos da provincia durante as fins de semana dos meses de abril e maio. Contará cun total de 300 prazas, entre 15 e 20 por actividade, e ofrecerá propostas para todos os públicos.
 
A programación inclúe desde propostas deportivas para os máis atrevidos cun nivel medio-alto de dificultade, como un raid de aventura, surf, kaiak no mar, escaladaou-barranquismo, ata iniciativas de dificultade media-baixa, como pode ser o cicloturismo histórico, o paintballou a iniciación á equitación.
 
Durante a xornada, os participantes contarán cosmateriais e equipamento necesario para levar a cabo a actividade, dun guía ou monitor especializado, e un seguro de res-ponsabilidade civil e de accidentes.
 
Calendario de actividades
O calendario de actividades da terceira edición do Actívatenas próximas fins de semana, sábados e domingos de abril e ata o 14 de maio, é o seguinte:
 
ABRIL
- 15 de abril: Ruta en bicicleta de montaña (BTT), en Guitiriz; e pola tarde Kaiak polo río desde a presa de Belesar, en Chantada
- 16 de abril: Rutas en paddle surf e kaiak polo río Sil, en Monforte de Lemos
- 22 de abril: Canoeing, en Ribadeo; e tiro con arco, na Fonsagrada
- 23 de abril: Ruta dos fornos, descenso en tirolina e visita á Mina Consuelo, na Pontenova
- 29 de abril: Raid de aventura con actividades que combinan o kaiaking, trekking, orientación e a bicicleta de montaña, en Viveiro; e pola tarde, surf, en Barreiros
- 30 de abril: Escalada I e II na aldea de Vicuña, en Folgoso do Courel; e pola tarde iniciación á equitación, en Taboada
 
MAIO:
- 6 de maio: Ruta da Faba, en Lourenzá; e pola tarde, Paintball, na Pastoriza.
- 7 de maio: Cicloturismo histórico, en Abadín e Vilalba
- 13 de maio: Barranquismo, en Quiroga; e pola tarde,Snorkel, en Foz
- 14 de maio: Kaiak de Mar, en Burela