O campo de fútbol de Cangas de Foz acolle o primeiro Riosmar Fest este venres, 10 de marzo. O prato forte é a presentación oficial para A Mariña da nova xira da orquestra París de Noia. Tamén estará a Macro Disco Level coas actuacións dos DJs Litainer e Marcos Peón.
Haberá carpa, pulpería e outros servizos.
As entradas poden comprarse anticipadamente en internet e en establecementos de Cangas de Foz, Viveiro, Foz, Lourenzá, Burela, Valadouro, Ribadeo e Mondoñedo.