O alcalde, Fernando Suárez, a través dun Bando pide ao empresariado que o Martes de Entroido pola tarde sexa flexible para facilitar a participación cidadá no desfile.
No Bando sinala: "Ribadeo disponse a celebrar as tradicionais festas do Entroido. Con este motivo a Alcaldía, ao tempo que convida a compartir o Entroido Ribadense a todos os veciños, veciñas e visitantes que se achegan a este concello, solicita do empresariado e comerciantes en xeral que o vindeiro martes, 21 de febreiro de 2023, pola tarde, sexa flexible nos seus traballos para facilitar a participación cidadá nestas festas e contribuír deste xeito ao realce das mesmas”.