premio de novela

23/04/2025

O Concello de Viveiro convoca o VII Premio de Novela Vilar Ponte, coa finalidade de render homenaxe aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, ao mesmo tempo, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.

A temática e extensión son libres e pódense presentar obras ata o 30 de xuño de 2025. Hai dous premios, de 4.000 e 1.000 euros.

As bases poden consultarse na web www.viveiro.es.