
O grupo de teatro O Centiño, da parroquia focega de San Martiño, representará a súa obra De poucas luces o día 11 de febreiro, sábado, en Cordido.
Esta actividade cultural será no Centro Cívico de Cordido ás 18:00 horas.
Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños San Xulián de Cordido.