Os próximos días 10 e 11 de novembro na Libraría Bahía celebraranse as xornadas Cuestionándonos “coas que pretendemos reflexionar sobre algúns temas centrais da nosa sociedade como é a vivenda e o modelo de progreso no que cremos. Para iso contamos coa participación de persoas que levan tempo reflexionando e traballando nestas cuestións”.
Unha proxección audiovisual o xoves que dirixiu Marisé Fernández, traballadora social actualmente exercendo no Centro de Saúde de Foz e que contará coa presenza da arquitecta Carlota Eirós , instalada e desenvolvendo os seus proxectos actualmente en Rinlo.
E presentación de libros e coloquio o venres da man de tres persoas implicadas desde diferentes ámbitos nun desenvolvemento social máis xusto e solidario.
Xoves día 10 de novembro 20:30h:
Proxección do documental A VIVENDA… UN BEN SOCIAL?
Coloquio coa súa directora, Marisé Fernández e coa arquitecta Carlota Eirós
Venres día 11 de novembro 20:30h.
QUÉ PROGRESO?
Coloquio con Gustavo Duch, Jeromo Aguado, autores de CUENTOS DEL PROGRESO, CONVERSACIONES CON EL PASTOR e Pilar Rodríguez, autora do libro de relatos VIVIR EN MODO MAYOR.
E engaden desde Libraría Bahía: “e o venres, 11 de novembro, ademais celebramos o Día das Librarías, e durante todo o día os libros terán un 10% de desconto”.