A 35ª edición da Feira do Mel do Valadouro celebrarase este sábado, 8 de outubro, desde as 10 da mañá, na praza de Santa María e na rúa Andrés López Palmeiro de Ferreira.
A organización, que corre a cargo do Concello do Valadouro, anuncia que “xa chega a XXXV edición da Feira do Mel - Mercado de Outono do Valadouro, onde o protagonista indiscutible será o noso ben querido líquido dourado”.
E o programa de actividades é o seguinte:
10:00 horas.- Apertura do Mercado, no que participarán diversos produtores de mel da contorna así como produtos de tempada e artesanía. A media mañá haberá pasacalle e demostración de baile e música tradicional a cargo da Asociación Cultural Amado Lar.
12:30 horas.- Obradoiro de fabricación de queixos para nenos de 3 a 12 anos.
13:30 horas.- Degustación gratuíta de filloas con mel.
14:00 horas.- Sorteo dun lote de produtos.
16:00 horas.- Achégate ó mundo das abellas cos Bolechas.
17:00 horas.- Os Bolechas aprenden sobre as abellas (de 2 a 6 anos) e
As abellas son moito máis que Mel (de 7 a 12 anos).
A media tarde pasacalle polo mercado coa A.C. Amado Lar
19:00 horas.- Sorteo dun lote de produtos.
E ás 20:30 horas.- Concerto do grupo folk Carapaus.