O Concello de Cervo e o C.D. San Ciprián, coa colaboración do noso veciño e afeccionado ao pádel, Francisco García, organizan o I Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga do 20 ao 25 de setembro, ambos incluídos.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de setembro no teléfono 639 05 40 15.
Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 15 euros nunha categoría e de 25 euros en dúas categorías. O premio será material deportivo e haberá cadro de consolación en todas as categorías.
O torneo, tal e como explican desde o Concello, tamén servirá de escaparate para dar a coñecer as nosas instalacións a aqueles deportistas que aínda non fixeran uso das pistas municipais recentemente reformadas “co que conseguimos mellorar substancialmente as condicións de xogo, xa que a actuación consistiu en cubrir a pista que carecía de protección; e pecháronse as dúas lateralmente a partir dunha altura de 2,45 metros, podendo utilizar as instalacións sexa cal sexa a situación meteorolóxica”.´
Ademais desde o pasado verán, tamén demos un salto de calidade ás nosas instalacións, ao dixitalizar o proceso de reservas das pistas, a través da páxina https://reservas.concellodecervo.com/ “o que simplifica e axiliza o procedemento.