Á area recreativa Os Castros, de Cangas de Foz, acollerá este domingo, 21 de agosto, a oitava edición da feira de gando, que se recupera despois de dous anos sen celebrarse. Está organizada polo Concello de Foz coa colaboración de Cabaleiros de Cangas, Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, Asociación de Veciños San Pedro e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo.
A apertura da feira e do mercado tradicional será ás 10 da mañá e ás 16:00 horas comezarán as probas de andadura. A continuación terá lugar a entrega de premios.
No recinto feiral poderá degustarse polbo á feira, xamón, churrasco e outros produtos.
Durante a mañá haberá cabalos para paseos gratuítos e o evento contará con animación musical a cargo dunha discoteca móbil.