O Concello de Pontenova organiza o I Torneo de verán de pádel os días 14, 15, 16 e 17 de xullo.
Este torneo realizarase na pista de pádel e contará con tres categorías, 1ª Masculina, 2ª Masculina (iniciación) e 1ª Feminina. As parellas finalistas de cada categoría obterán un premio en material deportivo.
As inscricións teñen un custe de 12€ e deberán realizarse antes do 10 de xullo a través do instagram @apontenovaloungebar ou chamando ao teléfono 603 721 785 ou 648 200 888.