O edificio multiusos de Ourol acollerá a celebración dun curso sobre o manexo do estrés e da ansiedade, que se celebrará o día 5 de abril ás 16:30 horas.
A actividade será impartida pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns coa docente Jenifer Souto Pérez, enfermeira, educadora e psicóloga.
A reserva de prazas pódese facer nos números de teléfono 982 55 91 09 e 677 489 457.