
A asociación Os Sendeiros de Foz colocará o seu tradicional Belén de Cumes o vindeiro domingo, 19 de decembro, na Frouxeira.
A saída será ás 16:00 horas, de Foz, diante de Belianorte. O desprazamento farase en coche ata a base de A Frouxeira, en Santa Cilla, e desde alí subirase camiñando ata a cima onde quedará instalado o belén durante todas as festas.
As persoas interesadas en participar deberán anotarse ata o venres 17 de decembro nos teléfonos: 606 718 482 e 670 369 017. A actividade é gratuíta.
A organización recomenda aos participantes levar figuriñas para facer o belén de maiores dimensións.
O Concello de Foz colabora na organización deste evento.