A Asociación Os Sendeiros de Foz organiza a XXXIII Marcha de Montañeiros Veteranos de Galicia que se celebrará o 17 de outubro en Barreiros, despois de ser suspendida a que estaba prevista para setembro.
A saída será ás 9:15 horas de Ferreira e ás 9:30 h. de Foz.
O último día para anotarse é o 14 de outubro e poderase facer nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é 21 euros para os socios federados e inclúe o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e máscara e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Foz, Deputación de Lugo-Área de Deportes, Deporte Galego Federación Galega de Montañeiros.