Co fin de continuar na senda de ofertar actividades deportivas a nenos/as e adultos para potenciar os hábitos de vida saudables e activos, o Concello de Barreiros ven de organizar unha serie de actividades encadradas dentro das Escolas Deportivas Municipais para este período 2021-2022.
ACTIVIDADES PARA MENORES
- Escola Multideporte (xogos motores, iniciación no atletismo, baloncesto e bádminton)
- Natación Escolar
- Fútbol Sala Base
- Surf
ACTIVIDADES PARA MAIORES (+16 ANOS)
- Ximnasia de Mantemento
- Ioga suave
- Ioga
- Jumping
- Zumba
O prazo para preinscribirse en calquera das actividades atópase aberto ata o 6 de outubro (inclusive)
As persoas interesadas poden consultar toda a información así como a descarga de solicitudes desde a seguinte ligazón:
https://www.concellodebarreiros.gal/gl/servizos/deportes