A asociación musical A Chocolateira (Eco das minas) organiza diversas actividades para o 4 de setembro, sábado, na Praza dos Fornos, da Pontenova, desde as 19:00 horas.
Os actos comezarán cun pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional A Chocolateira. Ás 20:00 horas haberá unha demostración e obradoiro de billarda con Troitas Bravas. Para media hora despois está programada a actividade Teatro Kamishibai de contos en galegos escritos e ilustrados por Rocío F. Paz. E rematará a xornada cun concerto de Comando Curuxás, que empezará ás 21:30 horas.