A axenda cultural de Barreiros para setembro e outubro inclúe actuacións musicais, o día da bici e actividades para as nenas e os nenos.

O Concello de Barreiros programa unha axenda cultural para os meses de setembro e outubro con diferentes actuacións musicais e actividades para nen@s.

O sábado, 4 de setembro, ás 19:30 horas nas escolas de Reinante actuará o grupo de música tradicional popular Dúo El Fuelle. O domingo 5 ás 12:30 horas en San Cosme Truque Matruque presentará o espectáculo de música infantil Cantando os Cantares, dentro do programa Ler conta moito.

O 11 de setembro ás 19:00 horas na praia de Arealonga actuará o grupo de música e baile tradicional A.F. Arco da Vella.

O 19 de setembro ás 12:30 horas en San Cosme, haberá teatro infantil con Cartoons, dentro do programa Ler Conta Moito. Ademais celebrarase o Día da Bici, con saída da praia de Altar ás 17:00 horas.

O 25 de setembro ás 19:00 horas en Vilamartín Pequeno, actuará o grupo tradicional Xaramolo. O día 26 ás 12:30 horas en San Cosme haberá pasacalle con Os Carricantos.

O 30 de setembro a partir das 10:00 horas o centro sociocultural de San Cosme acollerá a exposición de xoguetes autómatas Kinétiko.

O 2 de outubro ás 12:30 horas en San Migue, ofrecerá un pasacalle o Cuarteto Illa Pancha. O día 3 ás 12:30 horas en San Cosme Pakolas e Laura Romero presentarán Ti debuxas, eu c@anto, dentro do programa Ler conta moito.

E o domingo 24 de outubro ás 12:30 horas en San Cosme Ubú Teatro Infantil representará O vixiante dos soños, dentro de Miúdos Seráns da Deputación Provincial de Lugo.