A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza a campaña de volta ao cole con dúas ramas: por unha banda, un concurso de fotografía e debuxo en liña para os máis cativos da casa, e por outro lado, o sorteo de seis vales de compra cun importe de 50 euros cada un entre os compradores das tendas asociadas a ACIA Burela que acumulen máis de 10 euros nas súas compras.
O concurso en liña contará con tres categorías por idade: de 5 a 8 anos, de 9 a 12, e de 13 a 16 anos; en dúas modalidades: debuxo e fotografía. Os premios serán de 40, 20 e 15 euros, dependo do posto acadado. Os participantes teñen ata o 15 de setembro para poder participar e os gañadores serán aqueles debuxos ou fotos que máis like’s obteñan nas redes sociais de ACIA Burela (tanto Facebook como Instagram).
Por outra banda, o sorteo de seis vales de compra por un importe de 50 euros cada un realizarase entre as compras de mínimo 10 euros realizadas entre o 1 e o 15 de setembro. Para participar é preciso cubrir unhas papeletas que teñen á súa disposición nos establecementos participantes. Unha vez realizado o sorteo publicaranse os nomes dos gañadores nas redes sociais da asociación e os premiados poderanos gastar nas tendas asociadas. Uns bos premios para impulsar e promover as vendas relacionadas co regreso ás clases no comercio de proximidade.
Ademais, un dos obxectivos principais desta campaña é que a xente máis nova coñeza ACIA Burela e a importancia e valor dos establecementos locais da súa vila. Por iso, se estás pensando en realizar as túas compras en Burela non perdas a oportunidade e participar nesta iniciativa.