Un dos Concertos na Fin do Mundo será en San Ciprián o 10 de setembro. Alí actuará Mikel Erentxun.

Un dos espectáculos incluído no ciclo Concertos na Fin do Mundo, que organiza a Xunta de Galicia, será no municipio de Cervo, concretamente nas inmediacións do Faro de San Ciprián, o día 10 de setembro, venres. Actuarán o famoso cantante vasco Mikel Erentxun e as galegas Yoly Saa e Russinha.

As entradas para este concerto están á venda e poden mercarse a través do seguinte enlace: 
https://concertosnafindomundo.com/faro-sancibrao-cervo/

A organización explica que “Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22, que terá lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes faros da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para a ocasión”.