O vindeiro mércores,18 de agosto, volverá a Burela o Cine ao Aire Libre coa proxección en pantalla xigante do filme infantil “Abominable” ás dez da noite na praza da Mariña.
Yi é unha adolescente máis na enorme cidade de Shangai. Un día atópase a un pequeno yeti na azotea do seu edificio. A supostamente “abominable” criatura que se escapou do laboratorio onde estaba encerrada está a ser buscada por toda a cidade. Xunto cos seus enxeñosos amigos Jin e Peng Yi decide axudarlle a fuxir e os catro embárcanse nunha épica aventura para reunir á mítica criatura coa súa familia no pico máis alto do mundo: o Everest.
A duración é de 97 minutos. A entrada será de balde. O evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente.