Para asistir aos concertos que terán lugar na praza do Concello, en Burela, os vindeiros días 6 e 7 de agosto ás 23 horas e o día 8 ás 13 horas será necesario inscribirse na Casa da Xuventude chamando ao 982 58 11 41. O aforo para cada concerto será de 400 persoas sentadas, segundo informou o concelleiro de Cultura, José Díaz. A inscrición poderá realizarse desde mañá, día 2.
O edil dixo: "pedimos que por favor la gente se preinscriba para facilitar el acceso y que no haya cola. Si alguien no pudiera o se olvidara de apuntarse, se apuntaría ese día y no habría mayor problema".
Trátase das actuacións de Luar na Lubre, Tribu Folk e Eladio y Los Seres Queridos. Os concertos enmárcanse na homenaxe que Burela lle renderá á Feira do Bonito, do 5 ao 8 de agosto, coincidindo coa celebración de Certame Internacional de Pintura Mural Amarte 2021.