AciaFozCCA organiza unha nova edición da campaña Comercio na Rúa, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de xullo.
Os establecementos que participarán nesta cita ofrecerán descontos especiais durante eses tres días en diferentes artigos como moda, calzado, libros ou xoguetes, entre outros.
Os locais que sacarán os seus comercios á rúa son: 5 Lobiños, Arrullos, Buxo Xogos, Calzados Pirde, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela Moda, Lourdes Moda Intima, María Docampo Moda, MC Automotive, N1 Zapatillas, Ofifoz, Saborea Mondoñedo, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vas´s, Vas´s Outlet, Xanela e Xoguetería Bahía.
Se as condicións meteorolóxicas son adversas os comercios ofrecerán descontos no interior dos locais.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima “a achegarse a Foz eses días para aproveitar os importantes descontos que atoparán no noso comercio, que sacará os seus produtos de tempada á rúa, e para disfrutar da nosa hostalería”.
AciaFozCCA conta coa colaboración nesta campaña do Concello de Foz, de ImpulsaFoz e da Xunta de Galicia.