A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo inicia a partir do 10 de abril todos os sábados pola mañá roteiros de sendeirismo por Mondoñedo. Serán en grupos de seis persoas cun monitor que guiará as mesmas por distintos sitios do municipio.
O primeiro roteiro realizarase ao Mosteiro dos Picos e ao Castro de Zoñán.
Para apuntarse aos roteiros ou informarse as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 605.790.091 (Raúl).