Ata o 4 de abril Viveiro celebrará a Semana Santa Virtual ‘Vívela’, con concertos, conferencias e a proxección de procesións e reportaxes en Youtube e nas redes sociais.
O venres, 26 de marzo, chegará a quenda da presentación do Libro Programa Pregón, que se edita desde 1947.
Ademais, en colaboración co Centro Comercial do Casco Histórico se ambientarán os locais con motivos de Semana Santa e a praza Maior acollerá unha exposición de fotografías da Semana Santa de Toño Goas.
Amplíase por outra parte a exposición permanente do Claustro de San Francisco cunha colección de fotografías da Semana Santa desde principios do século XX, haberá un programa de cultos nos templos da unidade pastoral (cumprindo as limitacións de aforo) e unha conferencia preparatoria para a Semana Santa a cargo do administrador diocesano Antonio José Valín Valdes.
Nas últimas horas foi presentado o cartel da Semana Santa deste 2021.