O Concello de Cervo e as Escolas Deportivas de Lourenzá veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo “de promover a práctica do atletismo, que tan arraigada está nesta localidade veciña, tamén entre a nosa veciñanza”.
Así, o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e co presidente das Escolas, Pablo Maseda, no que perfilaron todos os detalles sobre a cesión das pistas de atletismo do Complexo Deportivo da Veiga durante a tempada deportiva; que poderán ser utilizadas por esta entidade para as competicións, torneos, adestramentos e exhibicións que así o requiran.
Tal e como explicaron, con esta cesión, cunha vixencia inicial ata o 31 de decembro con carácter prorrogable, “logramos que as pistas municipais de atletismo recobren vida.