A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña convoca o I Certame de Logotipo das Galletas Mariñas para crear a imaxe do novo produto elaborado ao abeiro do proxecto de integración na comunidade “Mental Health Chefs”, “Cocineros de la Salud Mental”.
As bases están depositadas ante notario e pódese acceder a elas tamén a través do Facebook, Instagram e páxina web da entidade.
O premio será de 600 euros para o gañador e os participantes terán ata o próximo 30 de abril ás 23:59 horas para entregar os seus traballos.